Hai uns días convidámosvos a participar nun concurso no que vos pedíamos que nos contásedes a vosa palabra galega favorita… No derradeiro reconto ¡xa van preto de 1.200 palabras participantes! :)

Con esta grande resposta, animámonos e  recollemos aquí 5 palabra únicas en galego que non teñen unha tradución exacta noutro idioma… O galego, lingua ben rica e chea de matices… Seguro que as coñecedes todas!

Comezamos por Morriña… Sentimento galego onde os haxa!

  • Morriña – Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en particular o causado pola nostalxia da terra.

E tamén Saúdade…

  • Saudade – Sentimento profundo no que o suxeito vive unha perda ou experimenta unha aguda nostalxia de algo xa vivido e que considera desexable.

Nin día nin noite… Xustiño ese momento:

  • Luscofusco – Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras.

Ten moitas acepcións… Esta que poñemos aquí sen tradución exacta:

  • Enxebre – Sen máis nada, sen mestura.

Non podía faltar:

  • Colo – Especie de asento, á altura do peito, formado polas mans e os brazos, ou ben entre a cintura e os xeonllos, cando se está sentado.

*Definicións tomadas do Dicionario da Real Academia da Lingua

 

 

header_web