Co gallo do #DíadasLetrasGalegas queremos achegar a tódolos nenos e nenas unha obra de Manuel María dun xeito moi especial:

Este sábado, 14 de maio ás 18 h. teremos o espectáculo de monicreques AS AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO, unha adaptación ben bonitiña da obra de Manuel María.

O sábado 14 ás 18.00 h., na planta baixa de Espacio Coruña

O sábado 14 ás 18.00 h., na primeira planta – Espacio Working de Espacio Coruña

Unha peza en galego cuns monicreques moi especiais: bonecas de mariquiñas de papel e mais outras feitas con maracas. Que xeitosas! :)

Sinopsis

Esta obra ten unha protagonista maravillosa: unha espiña de toxo chamada Berenguela. A historia narra as súas diferenzas cunha folla de carballo e como a partires deso vanse sucedendo na súa vida unha serie de acontecementos, con momentos dramáticos e esperpénticos, que finalmente levarán ata un final feliz; a consecución dun dos máximos valores desta sociedade: a liberdade.

Cando e onde:

Sábado 14 de maio ás 18 h. – Primeira planta, Espacio Working de Espacio Coruña.

Duración: 60 minutos.

Acceso libre e de balde.