En maio celebramos o Día das Letras Galegas, a primavera e moitas actividades para peques. Todas de balde, de acceso libre e todas as fin de semana na terceira planta de Espacio Coruña, de 17:30 a 20:30 h. Agardámosvos!

peques-mayo-2019

VENRES E SÁBADO 3 E 4 DE MAIO

COMO TI NINGUNHA

Vamos preparar o agasallo máis bonito e orixinal no seu día máis especial, faremos mandalas e tarxetas con elementos naturais.

VENRES 10 DE MAIO

SABOREA A PRIMAVERA

No noso espazo chef, vamos encher de sabor o día de sol coas receitas máis coloridas.

SÁBADO 11 DE MAIO

CONTOS DE PRIMAVERA

Os seres do bosque visítannos para contarnos as máxicas historias do reino.

XOVES 16 DE MAIO

SEMENTANDO O GALEGO

Antón Fraguas é o homenaxeado nas letras galegas e, por iso, temos pensado un obradoiro creativo no que a horta e as palabras mestúranse para facer historias máxicas.

SÁBADO 18 DE MAIO

FESTIVAL DE PRIMAVERA

Ao máis puro estilo de Andy Wharhol crearemos o maior festival Pop Art de primavera. Te unes ao reto?

VENRES E SÁBADO 24 E 25 DE MAIO

PINTA A MÚSICA

A música, a arte e o xogo únense para crear manchas e erros que converteremos en arte chea de vida.